Últimas novidades de Falcón

Novidades > Tempada: Produtos Nadal

Tempada Nadal

O teu Nadal comeza aquí.
 
Descobre a nosa selección de abetos naturais, flores de Pascua e sabores tradicionais. Produtos coidadosamente escollidos para encher as túas celebracións de calidez e alegría.

Desfruta dun Nadal auténtico, cheo de aromas, cores e momentos inesquecibles.

Nesta época tan especial, queremos acompañarte cunha selección de produtos tradicionais que encherán o teu fogar de sabor e espírito do Nadal. Aquí atoparás abetos naturais, flores de Nadal, turróns e doces típicos, ademais de alimentos e bebidas ideais para compartir nas túas comidas familiares.

Nada crea un ambiente do Nadal tan especial como un abeto natural. O seu aroma fresco, a súa cor intensa e a súa presenza impoñente converten calquera recuncho nun lugar cheo de maxia. Os nosos abetos son seleccionados coidadosamente para garantir a súa calidade, a súa forma equilibrada e a súa durabilidade durante todas as festas.

Leva a casa un abeto natural e desfruta dun Nadal auténtico, chea de vida e tradición.

comprar poinsettia en lugo

A Flor de Pascua achega un toque de cor e alegría único a calquera espazo. As súas follas vermellas intensas —ou en tons especiais segundo a variedade— convertéronse nunha icona destas datas, enchendo fogares e celebracións de calidez e espírito festivo.

As nosas poinsettias son seleccionadas para garantir a súa frescura, a súa viveza e unha longa duración durante toda a tempada. Ideais para decorar mesas, entradas ou como detalle para agasallar, son a forma perfecta de dar a benvida ó Nadal con elegancia natural.

Dálle ó teu Nadal un toque natural e elegante.

Consulta a nosa ficha completa da Flor de Pascua: coidados, características, floración, rega, iluminación, pragas e curiosidades.

O Nadal sabe a tradición, e nas nosas mesas non poden faltar os clásicos que nos acompañan xeración tras xeración. Turróns artesáns, mazapáns suaves,mantecadas, higos e uvas pasas, panettones esponjosos, rosca de Reyes… sabores que evocan momentos especiais e que fan que cada reunión en familia sexa aínda máis cálida.

Adoza as túas celebracións cos aromas e texturas máis típicos destas festas.

Elixir produtos conxelados en Nadal é unha forma práctica e segura de organizar as túas comidas sen renunciar ó sabor. Grazas á súa rápida con­xelación, conservan toda a súa frescura e nutrientes, ofrecendo resultados tan deliciosos como os produtos frescos.

Atoparás unha gran variedade de opcións: mariscos perfectos para entrantes, peixes listos para enfornar e verduras que facilitan calquera receita. Ademais, permiten planificar con tempo e supoñen un aforro importante en plena tempada festiva.

A mesa é o centro de moitas das nosas celebracións, e o enxoval adecuado pode transformar calquera comida nun momento especial. Manteis que visten o ambiente, copas que realzan cada brinde e pratos pensados para lucir as túas mellores receitas… cada detalle suma para crear unha experiencia inesquecible.

Na nosa selección atoparás pezas prácticas e bonitas, perfectas para combinar co teu estilo e dar un toque festivo ás túas reunións familiares.

Por que escoller unha árbore de Nadal natural?

A maxia do Nadal non só está nos agasallos, senón tamén nas pequenas decisións que tomamos con conciencia. Contámosche por que un abeto natural pode ser unha opción especial:

🌿 Sostible e ecolóxico: Os abetos naturais proveñen de cultivos controlados, onde cada árbore cortada substitúese por un novo. Ademais, axudan a absorber CO₂ e xeran osíxeno mentres crecen.

🌍 Biodegradable: A diferenza das árbores artificiais, que poden tardar séculos en descompoñerse, os abetos naturais son completamente biodegradables. Ó terminar as festas, pódense transformar en compost, madeira útil ou mesmo ser replantados.

💫 Conexión coa natureza: Nada se compara coa frescura e o aroma natural dun abeto en casa, que achega un toque auténtico e acolledor ó fogar.

🌟 Apoio á economía local: Comprar un abeto natural fomenta a economía sostible e apoia ás familias que traballan no seu cultivo.

A maxia do Nadal está nas pequenas decisións.

Somos unha empresa familiar que leva anos acompañando ás familias e fomentado a vida no medio rural. Gústanos ofrecer produtos auténticos: abetos naturais, flores, doces e todo o necesario para que as túas celebracións sexan máis acolledoras e especiais.

Cremos que o Nadal está nos detalles, en coidar cada elección e encher o fogar de aroma, cor e tradición. A nosa ilusión é axudarche a desfrutar destas festas de maneira sinxela e auténtica.es.

Falcón agroalimentaria nosotros

Produtos Relacionados

Icono de Planta Ornamental

Alimentación

Alimentos frescos e de calidade para o teu día a día.

Ver máis
Icono de Planta de Cultivo

Fogar

Todo o que precisas para un fogar acolledor.

Ver máis
Icona de Planta Ornamental

Plantas Ornamentais

Embelece o teu espazo con elegancia.

Ver máis

Atópanos aquí

Buscas mercar Produtos de Nadal de tempada en Galicia? Ven a ver a nosa tenda física!

Ven a coñecernos

Pequenos detalles, grandes recordos: así se vive o Nadal en casa.

Visítanos