Persona cultivando su propia huerta

Últimas novidades de Falcón

Novidades > Tempada Plantas de Cultivo

Plantas Hortícolas

Imaxinas cultivar os teus propios tomates, leitugas ou herbas aromáticas directamente dende o teu fogar?

Ter unha horta en casa non só é unha experiencia gratificante, tamén che permite desfrutar de alimentos máis saudables e cun sabor inigualable.

Gran variedade de Plantas de Cultivo

En Falcón Agroalimentaria ofrecémosche unha gran variedade de plantas hortícolas para que inicies ou amplíes o teu horto. O espazo non importa! Xa sexa nun pequeno balcón, un patio ou un xardín, coas nosas plantas hortícolas e o asesoramento adecuado, calquera pode comezar unha horta.

Aquí tes algúns motivos para animarte a comezar un horto:

Alimentos frescos e nutritivos – Desfruta das túas froitas e verduras cultivadas, con máis sabor e nutrientes.

Fomento dunha alimentación saudable – Ó ter acceso a ingredientes frescos, anímaste a comer máis natural.

Educación e valores – Unha forma marabillosa de ensinar ós nenos sobre a natureza e a importancia dos alimentos.

Actividade relaxante e terapéutica – Xardinería e cultivo axudan a reducir o estrés e a ansiedade.

Redución de residuos e da pegada de carbono.

Cosecha de alimentos propia, huerta en casa

En A Casa das Plantas de Falcón Agroalimentaria ofrecémosche unha ampla variedade de plantas de horto de tempada, coidadosamente seleccionadas para que desfrutes dunha horta produtiva e saudable.

A nosa oferta renóvase constantemente: repoñemos e incorporamos novas variedades para que sempre atopes o que necesitas.

Dende tomates, pementos e leitugas ata herbas aromáticas e cultivos máis exóticos, aquí atoparás a mellor calidade ó mellor prezo.

As plantas aromáticas non só embelecen o teu horto ou xardín, senón que tamén achegan sabor, aroma e benestar ó teu fogar.

Son fáciles de cultivar, requiren poucos coidados e permítenche ter sempre a man ingredientes frescos para cociñar, infusións ou remedios naturais.

En A Casa das Plantas temos unha gran variedade de plantas aromáticas de tempada, sempre frescas e da mellor calidade. Ven e descobre a nosa selección para empezar a cultivar as túas propias herbas na casa.

Venta de plantas aromáticas
Comprar plantas fresa

Pequenas Froiteiras de Horta

Se soñas con colleitar froitas frescas e deliciosas directamente dende o teu xardín, en A Casa das Plantas temos o que necesitas.

Ofrecémosche unha selección de pequenas froiteiras de horta, como amorodos, framboesas, arandos e máis, perfectas para cultivar en espazos pequenos, macetas ou hortos urbanos.

Cultivando nuestros propios alimentos

Produtos Relacionados

Icono de Fitosanitario

Fitosanitarios

Protexe e coida das túas plantas.

Ver más
Icono de Maquinaria

Maquinaria e produtos para Xardinería

Ferramentas para un xardín perfecto.

Ver más
Icono de Fertilizante

Substratos e Fertilizantes

Forza extra para as túas plantas.

Ver más

Atópanos aquí


Buscas comprar Plantas de Cultivo en Galicia? Ven a ver a nosa tenda física!

Ven a coñecernos

Crea ou fai crecer a túa propia horta coas túas plantas de viveiro favoritas.

Visítanos