Falcón Agroalimentaria > Sobre Nós
Para o campo e do campo
En Falcón Agroalimentaria, ofrecemos todo o necesario para cultivar, criar e coidar cada aspecto da túa contorna rural e doméstica.
O noso propósito
Ofrecer insumos de calidade a bo prezo para as nosas granxas e hortas galegas e, da mesma forma, produtos destas ás nosas despensas.
Pondo especial énfase na dedicación e atención personalizada ós clientes, coidando, á súa vez, as relacións cos provedores.

Nuestra visión
Esforzarnos en dar resposta ás necesidades do campo galego e dos nosos fogares, aproveitando as sinerxias entre os eslabóns da nosa cadea de valor: para el campo y del campo.
Valores
O que nos fai únicos
Somos diferentes. Na nosa pequena empresa cremos na importancia de ofrecer un servizo integral para os nosos fogares, animais e espazos verdes, aproveitando as sinerxias da nosa cadea de valor, pensando en cubrir as túas necesidades nun só lugar.
Traballamos en harmonía coas estacións, adaptándonos á temporalidade de cada produto. Caracterizámonos polo trato amable e próximo do pequeno comercio.
A nosa tenda é moito máis que un provedor; é un punto de referencia para aqueles que buscan solucións accesibles e prácticas para o día a día da nosa comunidade, axudando a crecer tanto ás familias como ós pequenos produtores.
O noso centro de traballo
Traballa connosco
Querémosche coñecer
Somos conscientes da importancia do traballo e da dedicación do noso equipo, base sobre a que se constrúe o noso proxecto.
Se compartes os nosos valores e a nosa paixón polo medio rural e os seus produtos, os animais e as plantas, encantariámonos coñecerte. Porque no futuro pode xurdir unha oportunidade, envíanos o teu CV, o cal teremos en conta para os próximos procesos de selección.
Os nosos clientes falan por nós
Compromiso coa Comunidade
Como negocio local en Lugo, Falcón Agroalimentaria enorgullecese de apoiar a agricultores, gandeiros e amantes da xardinería na rexión. Comprometémonos a ofrecer solucións accesibles e prácticas para o día a día da nosa comunidade, axudando a crecer tanto ás familias como ós pequenos produtores.
Ven a visitarnos
Tes algunha pregunta ou precisas un produto específico? En Falcón Agroalimentaria estamos aquí para axudarche a atopar a mellor solución.