Política de Privacidade
1. Responsable do Tratamento
- Razón Social: FALCÓN AGROALIMENTARIA, S.L.
- CIF: B27148352
- Dirección: Polígono A Campiña, s/n, 27192, Lugo, España
- Teléfono: 982 303 113
- Correo Electrónico: info@falconagroalimentaria.com
- Sitio Web: www.falconagroalimentaria.com
2. Información e Finalidade dos Datos Recollidos
Os datos persoais que o usuario facilite mediante o formulario de contacto neste sitio web serán tratados coa única finalidade de xestionar e atender as consultas ou solicitudes que realice a través do dito formulario. Non se recollerán outros datos persoais fóra deste contexto sen o consentimento expreso do usuario.
3. Base Lexítima para o Tratamento dos Datos
O tratamento dos datos persoais realízase sobre a base do consentimento do usuario, outorgado ó aceptar esta Política de Privacidade e completar o formulario de contacto co fin de xestionar a súa consulta.
4. Conservación dos Datos
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para atender e xestionar a consulta do usuario. Unha vez finalizada esta xestión, os datos serán eliminados, salvo que exista unha obriga legal de conservalos durante un período adicional.
5. Comunicación de Datos a Terceiros
Os datos persoais do usuario non serán cedidos a terceiros, salvo nos casos en que sexa estritamente necesario e con carácter ocasional á empresa de desenvolvemento de software Zerion, que actúa como provedora de servizos para a correcta operatividade do sitio web ou dos sistemas de xestión de consultas. Esta cesión realízase baixo un estrito compromiso de confidencialidade e unicamente nos casos necesarios para o desenvolvemento da actividade.
6. Dereitos do Usuario
O usuario ten dereito a:
- Acceder ós seus datos persoais.
- Solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
- Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos.
- Opoñerse ó tratamento dos seus datos.
- Solicitar a portabilidade dos seus datos.
Para exercer estes dereitos, o usuario pode enviar unha solicitude a info@falconagroalimentaria.com, indicando o seu nome e apelidos, e adxuntando unha copia do seu DNI ou outro documento válido que acredite a súa identidade.
7. Seguridade dos Datos
FALCÓN AGROALIMENTARIA, S.L. implementou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Tómanse todas as precaucións razoables para protexer a confidencialidade da información persoal que manexa.
8. Modificacións na Política de Privacidade
FALCÓN AGROALIMENTARIA, S.L. resérvase o dereito de modificar a presente Política de Privacidade para adaptala a novidades lexislativas ou xurisprudenciais. No dito caso, anunciaranse nesta páxina os cambios realizados con antelación razoable á súa posta en práctica.
Data da última actualización: 11/11/2024