Novidades > Tempada Plantas Ornamentais Primavera
Plantas Ornamentais – Tempada de Primavera
A primavera é a época ideal para renovar o teu xardín con plantas ornamentais que acheguen cor, fragrancia e frescura.
Esta tempada ofrece unha gran variedade de opcións que, coas súas flores vibrantes e follas verdes, poden transformar calquera espazo exterior.
Plantas Ornamentais de Primavera
Coa chegada da primavera, en Falcón Agroalimentaria enchémonos de vida e cor cunha gran variedade de plantas ornamentais de tempada. É o momento perfecto para renovar os teus espazos verdes e deixarte inspirar polas texturas, formas e matices que só esta estación pode ofrecer.
Durante esta época, recibimos e repoñemos constantemente novas especies, asegurando unha oferta fresca e diversa para todos os gustos. Dende plantas con flor ata follaxe decorativa, cada semana atoparás algo diferente para elixir e levar a casa.
Venda de plantas ornamentais: Lavanda, margarida, orquídea, dalia, hortensia, begonia, dipladenia e máis!



Coñece os nosos espazos dedicados a cada planta
Nos nosos espazos dedicados á tempada primaveral, poderás descubrir unha ampla selección de especies como:
🌸 Xeranios, perfectos para testos e xardineiras pola súa resistencia e colorido.
🌼 Margaridas (Leucanthemum) e dimorfotecas, que enchen de sol calquera recuncho.
💜 Lavandas, que combinan beleza, aroma e atractivo para os polinizadores.
🌺 Begonias, alegrías, xarxas e outras especies que achegan cor e contraste.
🌸 Dalias, coas súas espectaculares formas e unha ampla gama de cores vibrantes.
💐 Hortensias, elegantes e voluminosas, ideais para dar un toque romántico e fresco.
🌿 Orquídeas, que achegan sofisticación e un aire tropical a calquera espazo interior.


A estación en flor
Cores, aromas e vida para o teu xardín
Xa sexa que contes cun amplo xardín, unha terraza asollada ou un pequeno balcón na cidade, en A Casa das Plantas de Falcón Agroalimentaria atoparás plantas ornamentais adaptadas a cada tipo de espazo e estilo de vida. Dende especies resistentes ó sol ata aquelas que prosperan en recunchos con sombra, ofrecémosche unha selección pensada para que poidas desfrutar da natureza en casa, sen importar o tamaño ou a orientación do teu espazo.
Converte o teu fogar nun refuxio natural: éncheo de cor, frescura e vida con plantas ornamentais que non só decoran, senón que transforman.
Consellos para o coidado das túas plantas ornamentais de primavera:
💧 Rega adecuada: Aínda que moitas destas plantas gozan do sol, tamén necesitan unha rega constante para manterse saudables. Asegúrate de non enchoupar o chan, xa que isto pode afectar o crecemento das raíces.
☀️ Exposición solar: A maioría das plantas de primavera necesitan polo menos 6 horas de sol directo ó día para florecer plenamente. Con todo, algunhas, como as fucsias, prefiren sombra parcial.
🌱 Fertilización: Durante a tempada de floración, un fertilizante adecuado pode promover o crecemento e a floración abundante. Elixe un fertilizante equilibrado e segue as indicacións do fabricante.
✂️ Poda: Mantén as túas plantas limpas e saudables realizando unha poda regular das flores muchas. Isto fomenta un novo crecemento e mellora a aparencia da planta.


Primavera = Renovación
A primavera marca un novo comezo. É a estación onde a natureza esperta, a cor regresa á nosa contorna e todo parece florecer. É o momento ideal para renovar non só os nosos espazos, senón tamén a nosa enerxía, o noso ánimo e o noso vínculo co natural.
En A Casa das Plantas celebramos esta tempada cunha proposta viva e cambiante que se adapta ó ritmo da estación. Cada semana recibimos novas plantas ornamentais, seleccionadas con coidado para ofrecerche a maior variedade, frescura e calidade.
Dende as especies clásicas ata as máis orixinais, cada unha está lista para encher a túa casa de cor e harmonía. Convidámosche a redescubrir os teus espazos con ollos novos, a deixarche sorprender polas texturas, os perfumes e a paleta vibrante que só a primavera pode ofrecer.
Queres coñecer todo sobre a túa planta preferida?
Non só queremos que che leves unha planta bonita a casa… queremos que a desfrutes, enténdala e véxala florecer como nunca. Por iso, creamos un espazo de Fichas de Plantas.
Aquí atoparás a ficha botánica de cada especie, con información clara e útil sobre os seus coidados:
☀️ Exposición solar ideal
💧 Frecuencia de rega
🌱 Tipo de substrato
🌸 Época de floración
📌 Consellos prácticos e curiosidades que che axudarán a sacarlle o máximo partido
Xa sexa que esteas a empezar no mundo da xardinería ou sexas un amante das plantas con experiencia, este recurso permitirache coñecer en profundidade as necesidades da túa planta favorita e crear as condicións perfectas para que creza sa e feliz.

Atópanos aquí
Buscas comprar Plantas Ornamentais de tempada en Galicia? Ven a ver a nosa tenda física!
Ven a coñecernos
Ven a descubrir todo o que temos preparado para ti e chea os teus espazos de natureza e beleza.