Novidades > Carnaval
Entroido con Sabor Galego
En Entroido, Galicia énchese de sabor coas súas receitas máis emblemáticas: filloas, orellas, lacón con grelos…
Preparar estes pratos é máis que cociñar; é compartir tradición e cultura.
Produtos tradicionais galegos
Na nosa tenda atoparás todo o que necesitas para preparar os pratos máis tradicionais do Entroido galego. Traballamos con produtos de calidade e orixe galego para que poidas gozar do auténtico sabor do Entroido na casa.



Tradición e Cultura
O Entroido é unha celebración chea de cor, música e, sobre todo, sabor.
A través da cociña, as nosas tradicións cobran vida, transmitíndose de xeración en xeración, mantendo viva nosa identidade e reforzando o vínculo coas nosas raíces.


Cocido Galego Tradicional
O cocido galego non pode faltar en Entroido, un festín de sabor e tradición que nos reúne ó redor da mesa.
Para preparalo en Falcón Agroalimentaria atoparás unha selección dos ingredientes de calidade.
Carnes: lacón, cachucha, espinazo, costela, rabo, touciño entrefebrado, xamón, chourizo, bóteo ou androlla.
Verduras: nabizas ou grelos, repolo e patacas.
Legumes: garabanzos.
Endulza o teu Entroido
O Entroido galego non estaría completo sen as súas sobremesas máis tradicionais: filloas, orellas ou rosquillas.
Na nosa tenda atoparás o necesario para preparalos co auténtico sabor de sempre:
Ingredientes: fariña, ovos, leite, azucre, anís, mel, canela, limón etc.
Utensilios de cociña para a súa elaboración.

Atópanos aquí
Buscas mercar ingredientes tradicionais en Galicia? Ven a ver a nosa tenda física!
O Entroido vístese na rúa e saboréase na mesa.