Venta de patata de siembra en Lugo

Últimas novidades de Falcón

Novidades > Pataca de Sementa

Campaña Patacas de Sementa

Cultiva as túas propias patacas.

Desfruta do sabor do natural, aforra cartos e conecta coa terra.

Variedades de Pataca de Sementa

En Falcón Agroalimentaria ofrecémosche pataca de sementa certificada de distintas variedades durante o período de campaña, garantindo calidade e alto rendemento para o teu cultivo. Contamos con sementes certificadas que aseguran unha excelente produción, adaptadas a diferentes tipos de chan e necesidades agrícolas.


Por que cultivar nosas propias patacas?

Sabor máis fresco e auténtico: As patacas cultivadas na casa teñen un sabor incomparable.
•Aforro económico: Ó cultivar as túas propias patacas, reduces a necesidade de compralas, o que che permite aforrar diñeiro a longo prazo.
•Educación e aprendizaxe: Aprender sobre o proceso de cultivo permíteche comprender mellor a natureza e o ciclo dos alimentos.
Satisfacción persoal: Cultivar o que sementaches xera un sentimento de logro e conexión coa terra.
•Mellora do chan: O cultivo de patacas pode mellorar a calidade do chan no teu horto ó rotar cultivos e aplicar prácticas agrícolas adecuadas.

Proveedor de patata de siembra en Lugo

Que variedade de pataca de sementa cultivar?

KENNEBEC

Características: É unha variedade de pataca de pel branca e carne firme. O seu sabor é suave e a súa textura é perfecta para fritir ou facer puré.

Vantaxes: É moi resistente a enfermidades e adáptase ben a diferentes tipos de chan. Ten unha excelente capacidade de conservación.

Recomendación: Ideal para zonas con clima tépedo, e para quen busca unha pataca versátil na cociña (fritir, puré, ensaladas).

BARAKA

Características: A pataca Baraka ten unha pel amarela e unha carne de textura suave e lixeiramente cremosa. É de maduración temperá.

Vantaxes: Adáptase ben a chans húmidos e fríos, sendo moi resistente a pragas e enfermidades.

Recomendación: Se buscas unha variedade que se cultive rapidamente e que sexa ideal para ferver ou asar, Baraka é unha excelente opción.

MONA LISA


Características: A Mona Lisa ten unha pel fina de cor amarela e unha carne cremosa, ideal para unha variedade de preparacións.

Vantaxes: Moi resistente a enfermidades e pragas, e adáptase ben a climas máis cálidos. O seu sabor é suave e préstase para facer puré, gratinados ou cocida.

Recomendación: Perfecta para quen desexa unha pataca de boa calidade cunha textura cremosa para unha variedade de pratos.

RED PONTIAC

Características: Esta variedade ten unha pel vermella brillante e carne branca. O seu sabor é suave e algo doce, cunha textura lixeiramente harinosa.

Vantaxes: É resistente á calor e ás xeadas, o que a fai ideal para diferentes condicións climáticas.

Recomendación: Se buscas unha pataca de bo sabor para asar, cocer ou preparar ensaladas, Rede Pontiac é unha gran elección.

Pasos para cultivar as túas propias patacas

Preparar o terreo:

Chan abonado, ben aireado e con boa drenaxe.


Elixir as patacas de sementa:

Usa as nosas patacas certificadas e córtaas en anacos con brotes.

Plantar:

En surcos de 10-15 cm de profundidade, con 30-40 cm entre plantas e 60-75 cm entre surcos.

Coidados:

Rega con moderación, realiza aporque e controla pragas e enfermidades.

Colleita:

Espera entre 3 e 4 meses, cando as plantas se murchiten.

Almacenar:

Garda nun lugar fresco, escuro e seco.

Tradicionalmente, as patacas cubríanse con ramas de nogueira, isto proporcionaba distintos beneficios: as follas da nogueira conteñen compostos naturais que repelían insectos e fungos, protexían ás patacas da luz para previr que desenvolvesen solanina (substancia tóxica de cor verdoso e sabor amargo) e permitían controlar a humidade.

Temporada patatas de siembra

Produtos Relacionados

Icono de Fitosanitario

Fitosanitarios

Protexe e coida as túas plantas.

Ver más
Icono de Maquinaria

Maquinaria e produtos para Xardinería

Ferramentas para un xardín perfecto.

Ver más
Icono de Fertilizante

Substratos e Fertilizantes

Forza extra para as túas plantas.

Ver más

Atópanos aquí

Buscas mercar as túas patacas de sementa en Galicia? Ven a ver a nosa tenda física!

Ven a coñecernos

Cultiva as túas propias patacas e desfruta do sabor do feito por ti.

Visítanos