Novidades > Bulbos de Primavera
Bulbos de Flor de Primavera
A natureza sempre atopa un camiño para florecer.
Aproveita a tempada e planta os teus bulbos de flor agora para gozar dunha explosión de cores e fragrancias.
Colección Bulbos de Primavera
En Falcón Agroalimentaria ofrecemos unha ampla variedade de bulbos de primavera, ideais para darlle vida e cor ó teu xardín cando os días empezan a alongarse. Dende tulipáns e narcisos ata xacintos e lirios, os nosos bulbos son seleccionados con coidado para garantirche flores vibrantes e saudables.









Como se plantan os bulbos de primavera?
Plantar os bulbos de primavera é un proceso sinxelo, co seguinte paso a paso:
1. Elixe o lugar adecuado: Lugar asollado ou parcialmente asollado, dependendo da especie. Asegúrate de que a área teña boa drenaxe, xa que o exceso de auga pode podrecer os bulbos.
2.Prepara o chan: Afrouxa o chan cunha pa ou un garfo de xardín, eliminando as pedras e maleza.
3. Coloca os bulbos: Fai buracos cunha profundidade de aproximadamente o dobre do tamaño do bulbo (por exemplo, un bulbo de 5 cm debería plantarse a 10 cm de profundidade). Coloca os bulbos coa punta cara arriba (é dicir, o extremo máis puntiagudo debe estar cara ó ceo) e asegúrate de deixar suficiente espazo entre eles para que crezan de maneira adecuada.
4. Cobre con terra: Despois de colocar os bulbos, cúbreos con terra solta e presiona lixeiramente para asegurarte de que non haxa bolsas de aire. Rega lixeiramente para asentar o chan.
5. Rega e coidado: Aínda que os bulbos non necesitan rega constante, asegúrache de regalos despois de plantalos para axudarlles a asentarse. Durante a tempada de crecemento, mantén o chan lixeiramente húmido, pero evita o enchoupamento.
6. Goza das flores: Unha vez que chegue o verán ou o outono, os bulbos comezarán a brotar e florecer.
Cales son os tipos de bulbos de primavera?
Os bulbos que se plantan na primavera son aqueles que florecen no verán ou no outono, colócanse cando as temperaturas comezan a subir, xeralmente entre finais de inverno e principios de primavera.
LIRIOS, GLADIOLOS, BEGONIAS, DALIAS, CALAS,… E MOITOS MÁIS!
Son especies de abundante floración que nos achegan notas de cores nos nosos xardíns e fogares.


Cultivo de bulbos en auga
Cultivar bulbos de flor en auga nun recipiente de cristal ou transparente é unha excelente maneira de crear unha fermosa decoración mentres ves o proceso de crecemento das túas plantas.
Este método é especialmente popular cos nosos bulbos de primavera como: Dalias, Gladíolos, Cannas, Calas, Oxalis e moitos máis.
Unha actividade xenial para facer con nenos!
A creatividade non ten límites
No teu xardín ou macetas, tes a oportunidade de crear múltiples composicións de bulbos, xogando coa variedade de cores, formas e tamaños para obter un resultado único e cheo de vida.
Podes combinar bulbos de distintas especies para lograr unha explosión de cores que mesmo cambien coas estacións. Ademais, podes variar a altura e o tipo de floración, creando unha mestura harmoniosa que floreza en diferentes momentos, prolongando o espectáculo floral.

Atópanos aquí
Buscas comprar bulbos de primavera en Galicia? Ven a ver a nosa tenda física!
Agasállate cun futuro cheo de cores e fragrancias.