Árboles Frutales en Galicia

A Casa das Plantas > Árbores Froiteiras e Forestais

Árbores Froiteiras e Forestais

Atopa a mellor selección de árbores froiteiras e forestais durante os períodos de campaña.

Xa sexa para crear un bosque ou plantar froiteiras na casa, temos as especies perfectas para ti.

Onde mercar?

Produtos Destacados en Árbores Froiteiras e Forestais

Estas son algunhas das nosas árbores froiteiras e forestais máis populares:

Árbores
Froiteiras

Gran variedade de árbores froiteiras en distintos formatos e tamaños durante os períodos de campaña.
Traballamos con viveiros locais e dispoñemos de especies adaptadas ó noso clima.

Arbustos de Froitos do Bosque

Arbustos de froitos do bosque, unha opción que nos permite desfrutar do sabor e dos beneficios das súas froitas e do seu encanto silvestre no noso xardín.

Árbores Forestais

Dispoñemos dunha selección de árbores para plantacións forestais, tales como o eucalipto e o pino.

Atópanos aquí

Buscas mercar árbores froiteiras en Galicia? Ven ver a nosa tenda física!

Por que escoller Falcón Agroalimentaria?

En Falcón Agroalimentaria ofrecemos unha ampla gama de árbores froiteiras e forestais que se adaptan ás condicións climáticas e ás necesidades de Galicia. Aquí dámosche algunhas razóns para confiar en nós:

Variedade, Calidade e Prezo: Dispoñemos dunha ampla selección de árbores froiteiras e forestais perfectas para crear espazos verdes, desfrutar das túas propias froitas, recuperar terreos e contribuír á reforestación. Podes escoller entre diferentes opcións de presentación para facilitar a plantación e a adaptación da árbore.
Comercio Local: Apoio ó crecemento e desenvolvemento da nosa rexión.
Atención Directa e Personalizada: Consulta e asesórate co noso persoal para atopar o que precisas e solventar as túas dúbidas.

Transforma o teu Terreo coas Nosas Árbores

Árbores a raíz espida: Ideais para plantar no inverno, estas árbores son lixeiras e fáciles de manexar. Chegan sen terra, listas para enraizar rapidamente e establecerse no seu novo fogar.

Árbores en cepellón: Perfectas para trasplantes, estas árbores conservan un bloque de terra nas súas raíces, asegurando unha mellor adaptación ó chan e un crecemento máis rápido.

Árbores en maceta: De fácil transporte e plantación durante todo o ano, estas árbores xa están enraizadas e son ideais para aqueles que buscan resultados inmediatos e flexibilidade.

Comprar árboles frutales en galicia

Crecendo con Falcón

Asegura o crecemento saudable das túas árbores coa nosa gama especializada de produtos e accesorios deseñados para cada etapa do seu desenvolvemento. Dende a plantación inicial ata o seu mantemento e protección, contamos con todo o necesario para axudarte a manter árbores fortes e vigorosas.

Enche o teu xardín de vida e sabor coa nosa selección de Árbores de Froitos e de Monte

Beneficios das Árbores Froiteiras e Forestais

Producción de froitas frescas e naturais

Cultivar as túas propias árbores froiteiras, como limoeiros, maceiras ou cerdeiras, permíteche desfrutar de froitas frescas e saudables na casa, reducindo a dependencia de produtos externos.

Mellora do ecosistema e do entorno

As árbores forestais e froiteiras axudan a manter a biodiversidade, melloran a calidade do chan e proporcionan refuxio para a fauna local, creando un entorno máis sostible.

Adaptabilidade a diferentes espazos e necesidades

Ofrecemos árbores froiteiras e forestais en diferentes tamaños e presentacións, como árbores en maceta e a raíz espida, para que as poidas adaptar doadamente ó teu espazo, xa sexa un xardín ou unha plantación maior.

Preguntas Frecuentes

Ven a coñecernos

Cada árbore plantada é unha inversión no futuro, unha fonte de sombra, osíxeno e benestar para as próximas xeracións.

Visítanos