Coa chegada do outono e as primeiras choivas a Galicia, chega o momento clave para os amantes da xardinería: a plantación dos bulbos de primavera. Tulipáns, narcisos, xacintos e crocus necesitan pasar baixo terra o período de frío invernal para florecer en todo o seu esplendor cando suban as temperaturas.
En A Casa das Plantas traémosche os consellos fundamentais adaptados ó noso clima galego para asegurar que o teu xardín, horto ou terraza luza cheo de vida esta primavera.
x
Claves para a plantación de bulbos no clima atlántico
Galicia caracterízase por invernos húmidos e suaves. Para evitar que os teus bulbos podrezan e garantir unha floración vigorosa, ten en conta estes consellos profesionais:
- Boa drenaxe ante as choivas: O maior inimigo do bulbo no noso clima é o enchoupamento. Prepara o chan mesturando terra con substrato lixeiro ou area se o terreo é moi arxiloso.
- Localización con boa luz: Elixe zonas ben iluminadas ou a semisombra no teu xardín ou balcón.
- Orientación da xema: Coloca sempre a punta ou xema do bulbo mirando cara arriba e as raíces cara abaixo.
- Protección inicial: Tras plantar, realiza unha primeira rega para asentalo; despois, as choivas habituais da nosa zona manterán a humidade necesaria.
A que profundidade plantar cada bulbo?
Unha regra xeral en xardinería é plantar o bulbo a unha profundidade equivalente a dúas ou tres veces o seu tamaño. Con todo, cada variedade ten os seus requirimentos específicos.
Para poñercho moi doado, mostrámosche esta infografía onde podes consultar a profundidade exacta segundo a especie:
Ficha de bulbos de primavera – Profundidades:

Resumo rápido de profundidades:
- Superficiais (aprox. 5 cm): Crocus, Anemone, Galanthus, Iris Reticulata ou Muscari.
- Profundidade media (aprox. 10 cm): Scilla, Erythronium ou Sparaxis.
- Fondos (15 cm ou máis): Tulipa (Tulipanes), Narcissus (Narcisos), Hyacinthus (Jacintos), Allium e Fritillaria.
Descarga as nosas fichas de cultivo
Se queres ter sempre a man estas indicacións mentres traballas na horta ou consultar as recomendacións de cultivo para outras variedades, poñemos á túa disposición todo o noso material divulgativo en formato descargable.
Calendario de floración: Planifica o teu xardín desde a floración temperá á tardía
Para lograr un xardín en continua floración durante meses, é fundamental combinar variedades de ciclo temperán, medio e tardío.
Consulta a nosa ficha de Calendario de Floración para deseñar as túas composicións de xardín ou testo:

Visítanos en Falcón Agroalimentaria – A Casa das Plantas
Queres conseguir os mellores bulbos seleccionados con calidade profesional para o teu fogar?
En A Casa das Plantas de Falcón Agroalimentaria poñemos á túa disposición unha gran variedade de bulbos de flor, substratos específicos e asesoramento personalizado para que o teu proxecto sexa un éxito.
Sobre nós
Acompañámoste en cada tempada
Cada época do ano trae novos traballos para a horta, a leira e o xardín; e tamén novas oportunidades para seguir cultivando.
En Falcón Agroalimentaria levamos anos acompañando ás persoas que desfrutan da horta e o xardín en Galicia, ofrecendo produtos e asesoramento para coidar as plantas, mellorar os cultivos e aproveitar cada tempada.
Porque sabemos que cada horta é diferente: o clima, o terreo, a orientación ou mesmo o tempo que podemos dedicarlle fan que non existan receitas únicas. Por iso, queremos compartir contigo consellos prácticos e sinxelos que poidas aplicar na túa propia horta, adaptándoos sempre ás túas necesidades.
Seguimos cultivando contigo.
Ónde atoparnos
Preguntas frecuentes
Plantar hoxe un bulbo é a forma máis fermosa de agasallar cun mañá cheo de cor: enterra as túas ilusións este outono e verás florecer a primavera.




