Guía Completa de Coidados do Marimo: A “Planta” que Vive 100 Anos

comprar marimo en lugo

  • Localización: Luz indirecta (nunca sol directo) e auga fría (menos de 24 °C).
  • A auga: Usa auga da billa que repousase 24h para eliminar o cloro.
  • Mantemento: Cámbiaa cada 15 días e dálle unha suave masaxe circular para que non perda a súa forma.

Aínda que popularmente se lle chama “musgo”, o Marimo é en realidade unha formación de algas verdes que crecen de forma radial dende un centro común. Na natureza, as correntes dos lagos fríos (como o Lago Akan no Xapón) fanas rodar, dándolles esa forma esférica perfecta.

Son organismos de crecemento extremadamente lento: apenas aumentan uns 5 mm por ano. Isto convérteas en pezas de colección que poden pasar de xeración en xeración.

Para que o teu Marimo manteña ese verde intenso e non se enferme, a calidade da auga é fundamental. Non necesitas comprar auga especial, pero si seguir estes pasos:

  1. Elimina o cloro (Imprescindible): O cloro da billa queima ó Marimo. Antes de encher o seu recipiente, deixa repousar a auga nunha xarra aberta durante 24 horas. Desta forma, o cloro se evapora de xeito natural e a auga estará lista.
  2. Controla a cal: Se a auga da túa zona é moi “dura” (con moita cal), verás que aparecen manchas brancas no cristal. Aínda que o Marimo é resistente, prefire auga branda. Se podes, usa auga filtrada ou mestura auga da billa cun pouco de auga embotellada de mineralización débil. En Galicia non temos este problema!
  3. Coidado coa calor!: Máis que a cal, o que mata ó Marimo é a auga morna. Asegúrate de que a auga estea sempre fresca (por baixo dos 24 °C). No verán, un cambio de auga con auga ben fría é o mellor agasallo que lle podes dar.
  4. Cambio de auga: Faino cada 15 días. Se é verán e notas que o interior de casa quenta moito, podes usar auga un pouco máis fría para refrescalos.
  5. Limpeza: Aproveita o cambio de auga para limpar o recipiente e darlle unha “masaxe” suave ó Marimo baixo a billa, axudándolle a manter a súa forma redonda e eliminando o po ou sedimentos.

O Marimo vive no fondo dos lagos, onde a luz chega filtrada pola auga.

  • Interior: Preto dunha fiestra, pero onde non reciba raios de sol directos, xa que actúan como unha lupa co cristal do frasco e poden “cociñar” ó organismo.
  • Luz artificial: Crecen estupendamente baixo loces LED de escritorio.

Este é o punto onde máis fallan os principiantes. O Marimo sofre por encima dos 24 °C.

  • Tip de experto: Nos meses de verán na nosa zona, se notas que a auga está moi quente, podes meter o teu frasco de Marimo na neveira unhas horas ou engadir un par de cubitos de auga declorada para baixar a temperatura.

Na natureza, as ondas fan rodar ós Marimos polo fondo do lago, permitindo que a luz chegue a todas as súas caras.

  • Na casa, cando cambies a auga, tómao entre as túas mans e ródao suavemente coma se estiveses a facer unha albóndega. Isto evita que as partes que quedan abaixo vólvanse marróns por falta de luz.

Se notas cambios na túa pequena bóla de musgo, non te asustes. Case todo ten solución:

  1. Por que flota? É normal tras un cambio de auga ou se fixo a fotosíntesis intensamente e atrapou burbullas de osíxeno. Presiónao suavemente para que solte o aire e afundirase.
  2. Está a poñerse marrón: Adoita ser sucidade acumulada ou exceso de luz. Lávao baixo un chorro de auga fría suave e móveo a un lugar máis sombreado.
  3. Manchas brancas: Pode ser mofo ou un ataque fúngico. Un “baño de sal” (engadindo un 5% de sal mariño á auga durante unhas horas) adoita eliminar o problema.

O Marimo é a planta ideal para introducir ós nenos na botánica ou para dar un toque de calma ó teu escritorio. É sostible, fermoso e require un esforzo mínimo.

Queres adoptar o teu? Pásate por A Casa das Plantas e axudarémosche.

A nosa experiencia ensinounos que o éxito na xardinería reside nos pequenos detalles: entender a terra, respectar os seus ciclos e saber interpretar o que cada planta intenta comunicarnos.

  • Non vendemos só unha planta: Explicámosche a súa historia e as súas necesidades.
  • Aprendemos xuntos: Queremos ensinarche a observar, a coidar e a desfrutar do proceso de ver crecer a vida no teu fogar ou xardín.
  • Experiencia real: Utilizamos a nosa bagaxe técnica para darche consellos prácticos, honestos e adaptados á nosa realidade local.

En Falcón Agroalimentaria, a nosa maior satisfacción é saber que as nosas plantas seguirán prosperando na túa casa, grazas a que soubemos transmitirche a confianza e as ferramentas para coidala.

Preguntas frecuentes