Novidades > Tempada Grelladas
Produtos Grelladas
Benvidos á tempada máis saborosa do ano!
Descobre todo o que necesitas para converter a túa grellada nunha auténtica festa ó aire libre: produtos frescos, accesorios imprescindibles e os mellores sabores do verán.
Produtos Frescos e Utensilios de Grellada
Todo para a túa grellada: Contamos con todo o que necesitas para desfrutar dunha grellada perfecta, produtos frescos de calidade como carnes, verduras e embutidos; grelladas para todos os espazos; utensilios prácticos e resistentes; e carbón vexetal de aciñeira 100% natural para un sabor auténtico e unha cocción ideal.
Produtos Frescos Grellada
Na nosa tenda atoparás todo o necesario para desfrutar ó máximo da tempada de grelladas:
Produtos frescos de primeira calidade: carnes seleccionadas, verduras de tempada, embutidos artesáns (chourizos e criollos), salsas e todo o que necesitas para que obter sabor e frescura.
Perfectos para sorprender ós teus invitados con cada bocado.


Grelladas e Accesorios
Contamos cunha selección de grelladas, adaptadas a calquera espazo e necesidade.
Ademais, dispoñemos de utensilios e accesorios como pinzas, espátulas, brochas e grellas para cociñar con comodidade e precisión.
Carbón Vexetal de Aciñeira
E para darlle ese toque auténtico aos teus asados, nada mellor que o noso carbón vexetal de aciñeira, 100% natural, que proporciona unha combustión duradeira e un aroma inconfundible.


Consello de experto: Non teñas présa, o segredo está no lume
Antes de poñer a comida na grella, asegúrate de que as brasas estean a lume vivo e cubertas por unha capa de cinza gris: iso indica que alcanzaron a temperatura ideal.
Cociñar con calma e a lume controlado realza os sabores e evita que os alimentos se queimen por fóra e queden crus por dentro.
Lembra, unha boa grellada saboréase dende o lume!
Coñece os erros máis comúns ó facer unha grellada e como evitalos

Atópanos aquí
Buscas comprar Produtos para facer unha Grellada en Lugo? Ven a ver a nosa tenda física!
Ven a coñecernos
Porque unha boa grellada non se improvisa…, prepárase cos mellores ingredientes, o equipo adecuado e o lume perfecto.