comprar gallinas y pollos en lugo

A Tenda > Animais Vivos

Animais Vivos

En Falcón Agroalimentaria somos especialistas na venda de aves para o teu galiñeiro.
 
Ofrecemos galiñas poñedeiras, pitos de engorde e outras aves de curral baixo pedido de alta calidade, ideais para granxas e galiñeiros domésticos.

Onde mercar?

Animais Vivos Destacados en Falcón Agroalimentaria

Os nosos animais máis populares:

Galiñas Poñedeiras Louras

Aves resistentes e adaptadas ó clima galego, excelentes poñedeiras que destacan pola súa produción de ovos.

Outras Galiñas Poñedeiras

Negra
Azul
Franciscana / Barrada / Pedresa
Sussex
Leghorn Branca

Pitos de Engorde

Razas seleccionadas polo seu rápido crecemento e excelente rendemento en produción de carne.

Outras Aves de Curral (Baixo Pedido)

Tes unha necesidade específica?

Consúltanos.

Galiñas en Lugo – Atópanos aquí

Por que ter un galiñeiro doméstico propio?

Dispoñer dun galinero doméstico propio proporciónanos diversos beneficios, entre os que podemos destacar:

A crianza é sinxela e económica:
Son aves de baixo mantemento que requiren coidados mínimos. Ademais, nun contexto de encarecemento dos prezos da carne, a súa crianza supón a mellor alternativa para os nosos petos.
Proporciónanos a mellor carne e ovos orgánicos:
O sabor da súa carne é inigualable e máis saudable, con menos graxas e calorías. Pola súa banda, os ovos de campo son os mellores e os máis frescos.
Axudan a coidar do noso xardín:
Eliminan malas herbas, crean un excelente fertilizante e controlan de forma natural insectos e pragas.
Fomentar a sostibilidade:
O autoabastecemento permítenos dispoñer dos nosos propios produtos sen necesidade de terceiros, controlar a calidade do que consumimos e ser respectuosos co medio ambiente.

Galiñas e outras aves para o teu galiñeiro

Beneficios de Mercar en Falcón Agroalimentaria

Especies Adaptadas e de Alta Productividade

Seleccionamos aves resistentes e productivas, adaptadas á contorna galego, para asegurar unha crianza eficiente e sostible.

Asesoramento Experto en Crianza e Coidado

O noso equipo ofrece asesoramento personalizado para axudarche a elixir as especies e razas que mellor se adapten ós teus obxectivos de crianza, sexa produción de carne ou ovos.

Amplo horario

Temos un horario de atención amplo durante toda a semana, que seguro poderá encaixar perfectamente coas túas necesidades.

Zona de aparcamento

Ofrecemos zona de aparcamento exclusiva para maior comodidade.

Se estás a pensar en ter o teu propio galiñeiro, facer crecer o que xa tes ou simplemente queres coñecer máis sobre estas incribles aves, convidámosche a explorar as nosas fichas de galiñas completas.

Nelas atoparás información detallada sobre diferentes galiñas, as súas características, coidados, alimentación, comportamento e moito máis.

Preguntas Frecuentes sobre Animais Vivos

Ven a coñecernos

Explora a nosa variedade de especies, con asesoramento especializado.

Visítanos