
A Casa das Plantas > Árbores Froiteiras e Forestais
Árbores Froiteiras e Forestais
Atopa a mellor selección de árbores froiteiras e forestais durante os períodos de campaña.
Xa sexa para crear un bosque ou plantar froiteiras na casa, temos as especies perfectas para ti.
Produtos Destacados en Árbores Froiteiras e Forestais
Estas son algunhas das nosas árbores froiteiras e forestais máis populares:
Atópanos aquí
Buscas mercar árbores froiteiras en Galicia? Ven ver a nosa tenda física!
Por que escoller Falcón Agroalimentaria?
En Falcón Agroalimentaria ofrecemos unha ampla gama de árbores froiteiras e forestais que se adaptan ás condicións climáticas e ás necesidades de Galicia. Aquí dámosche algunhas razóns para confiar en nós:
Transforma o teu Terreo coas Nosas Árbores
Árbores a raíz espida: Ideais para plantar no inverno, estas árbores son lixeiras e fáciles de manexar. Chegan sen terra, listas para enraizar rapidamente e establecerse no seu novo fogar.
Árbores en cepellón: Perfectas para trasplantes, estas árbores conservan un bloque de terra nas súas raíces, asegurando unha mellor adaptación ó chan e un crecemento máis rápido.
Árbores en maceta: De fácil transporte e plantación durante todo o ano, estas árbores xa están enraizadas e son ideais para aqueles que buscan resultados inmediatos e flexibilidade.


Crecendo con Falcón
Asegura o crecemento saudable das túas árbores coa nosa gama especializada de produtos e accesorios deseñados para cada etapa do seu desenvolvemento. Dende a plantación inicial ata o seu mantemento e protección, contamos con todo o necesario para axudarte a manter árbores fortes e vigorosas.
Enche o teu xardín de vida e sabor coa nosa selección de Árbores de Froitos e de Monte




Beneficios das Árbores Froiteiras e Forestais
Producción de froitas frescas e naturais
Cultivar as túas propias árbores froiteiras, como limoeiros, maceiras ou cerdeiras, permíteche desfrutar de froitas frescas e saudables na casa, reducindo a dependencia de produtos externos.
Mellora do ecosistema e do entorno
As árbores forestais e froiteiras axudan a manter a biodiversidade, melloran a calidade do chan e proporcionan refuxio para a fauna local, creando un entorno máis sostible.
Adaptabilidade a diferentes espazos e necesidades
Ofrecemos árbores froiteiras e forestais en diferentes tamaños e presentacións, como árbores en maceta e a raíz espida, para que as poidas adaptar doadamente ó teu espazo, xa sexa un xardín ou unha plantación maior.

Preguntas Frecuentes
Ven a coñecernos
Cada árbore plantada é unha inversión no futuro, unha fonte de sombra, osíxeno e benestar para as próximas xeracións.